domingo, 3 de diciembre de 2017

Cando lle chamas a unha muller puta...




25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

"Vou nacer nena, por favor, fai todo o posible para que iso non sexa o maior perigo de todos"

Curtametraxe da campaña "Querido papá" (#DearDaddy) da organización non gobernamental de 'Care Norway'. Mediante un vídeo, a oenegué pretende concienciar á sociedade sobre a violencia machista que sofren moitas nenas e mulleres.
A curta busca, ademais, demostrar a importancia de que os homes tamén alcen a voz contra a violencia de xénero.

Curtametraxe: https://www.youtube.com/watch?v=gBXlUxvWQPY

miércoles, 25 de octubre de 2017

Consellos para adecuar o teu posto de traballo. Ergonomía


Neste video tes recomendacións sobre como traballar na oficiña de forma segura e saudable para evitar trastornos músculo esqueleticos derivado de psoixions forzadas e traballos repetitivos

Tes que coidar:
A vista
A espalda
O colo
As muñecas, mans e brazos
Controlar o stress

domingo, 17 de septiembre de 2017

Los lunes al sol.

Ós luns ó sol (en castelán: Los lunes al sol) é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros.

Esta produción rodada principalmente entre Vigo e Xixón e estreada en 2002, obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios premios Goya.

O escenario desta película é unha cidade costeira do norte, inubicada, que podería ser Vigo, Ferrol, Xixón, Bilbao ou tantas outras. Os protagonistas son un grupo de amigos ós que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.