viernes, 12 de enero de 2018

Consellos para o tratamento de imaxes na WEB




Ao crear unha páxina web interesanos  que os arquivos que conteñen as imaxes sexan o menos pesados posibles para axilizar a súa descarga e visualización por Internet.  O tamaño dun arquivo gráfico vén determinado por:
o tamaño e dimensións da imaxe
  • a  súa resolución (pixels) 
  • o número de cores
  • o formato do arquivo ( JPG, GIF, PNG). 
Alguns consellos para que as carga de imaxes  sexa máis  eficiente e rápida:

  1. Crea e garda imaxes en resolución non superior a 72 ppp. É a resolución que se adoita usar nas pantallas de computador.
  2. Se a imaxe deséñase para imprimir entón debemos optar por unha resolución entre 200-300 ppp.
  3. En ocasións pode interesar reducir o número de cores da paleta porque iso supón reducir o tamaño do arquivo.
  4. Convén utilizar un programa de edición gráfica para definir as dimensións concretas da imaxe antes de inserila na páxina web. 
  5. O máis convinte é gardar os orixinais das imaxes favoritas en formato BMP, TIFF ó JPEG sen comprimir. A partir delas pódese crear unha copia en formato GIF ( PNG) ou JPEG coas dimensións, resolución e paletas adecuados para publicalas na web.
  6. As imaxes GIF son máis adecuadas para debuxos, gráficos e logotipos. Son aquelas que se poden representar facilmente con cores sólidas e unha paleta cun número reducido de cores.
  7. As imaxes JPEG son mellores para fotografías e imaxes con degradados, porque admiten cor de 24 bits, e porque grazas á súa compresión ofrecen unha imaxe máis brillante que ocupa menos espazo no disco.
  8. É aconsellable NON inserir imaxes nunha páxina utilizando < Ctrl>+< C>< Ctrl>+ (Pegar). Isto creará arquivos de baixa calidade e de certo peso. É preferible optimizar a imaxe usando un programa de edición gráfica e logo inserila na páxina.
 Para reducir o peso dun arquivo gráfico pódense modificar algúns dos seus parámetros utilizando un editor de imaxes por exemplo GIMP: 
 • Formato do arquivo gráfico: - Conversión de formatos.
 • Paleta de cores: - Reducir a paleta de cores.
 • Tamaño da imaxe (Anchura x Altura) - Reducir o tamaño dunha imaxe. - Recortado de imaxes

 Neste enlaces suxirense editores de imaxe on line gratuitos
.http://gl.wondershare.com/photo-editing-tips/free-online-photo-editor.html




No hay comentarios:

Publicar un comentario