jueves, 22 de febrero de 2018

A formación dual con contrato de traballo



Formacion dual con contrato de aprendizaxe:

O contrato de traballo de formación e aprendizaxe   se celebra con traballadores de entre 16 e 30 anos que non teñan cualificación profesional algunha, ou non teñan a cualificación profesional para o obter o  título  de FP que estan a estudar. O seu  obxectivo de  dotar ao traballador/a de competencias profesionais co fin de obter unha cualificación profesional para obter un titulo de FP de grao medio ou superior ou un certificado de profesionalidade.

O contrato se celebra nun rexime de alternancia de actividade laboral retribuida   coa actividade formativa  recibida nun centro de Formación Profesional. A duración do contrato vai de un ano (6 meses en casos excepcionais según convenio)  a 3 anos e pode establecerse un periodo de proba. O tempo adicado ao traballo non pode superar o 75% no primeiro ano e do 85% no segundo e seguintes e o salario non pode ser inferior ao SMI proporcionalmente  ao tempo de traballo efectivo.

O traballador/a cotiza a Seguridade Social por todos os conceptos e ten dereito a desemprego unha vez finalizada a relación laboral. As empresas reciben bonificacions en formacion e reduccions nas cotas da a Seguridade Social que poden chegar ao 100% da cota.

O contrato de formación e aprendizaxe non pode celebrase a tempo parcial e os traballadores non poden realizar traballo nocturno, a turnos ou horas extraordinarias salvo de forza maior,  e o tempo traballado computa a efectos de antiguedade na empresa.
Aactividade laboral deberá estar relacionada co contido do módulo de formación en centros de traballo do título que corresponda e o traballador/a estará exento da FCT

No hay comentarios:

Publicar un comentario