viernes, 23 de febrero de 2018

Normas de cotización a seguridade social para estudantes en formación dual



Normas de cotización a seguridade social para estudantes en formación dual

Sempre que o proxecto de Formación Dual leve aparellado unha contraprestación económica para os afectados, calquera que sexa o concepto ou a forma en que se perciba, os estudantes quedan asimilados a traballadores por conta allea, a efectos da súa inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social.

A acción protectora  será a correspondente ao Réxime Xeral da Seguridade Social, coa única exclusión da protección por desemprego.

A cotización á Seguridade Social por continxencias comúns e profesionais, así como o seu ingreso, levarase a cabo aplicando as regras de cotización correspondentes aos contratos para a formación e a aprendizaxe.

Non existirá obrigación de cotizar pola continxencia de desemprego, así como tampouco ao Fondo de Garantía Salarial nin por formación profesional.

A cotización á Seguridade Social consistirá nunha cuota única mensual[i]:

Traballador/a
Empresa
Total
Continxencias comúns
6,94
34,80
41,74
Continxencias profesionais

4,78
4,78

A entidade ou organismo que financie o programa de formación terá a condición de empresario, asumindo os dereitos e obrigacións en materia de Seguridade Social establecidos para estes no Réxime Xeral da Seguridade Social e a este efecto deberán solicitar un código de conta de cotización específico.

Real Decreto 1493/2011, de 24 de octubre, por el que se regulan los términos y las condiciones de inclusión en el Régimen General de la Seguridad Social de las personas que participen en programas de formación, en desarrollo de lo previsto en la disposición adicional tercera de la Ley 27/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación y modernización del sistema de la Seguridad Social.




[i] Orden ESS/55/2018, de 26 de enero, por la que se desarrollan las normas legales de cotización a la Seguridad Social, desempleo, protección por cese de actividad, Fondo de Garantía Salarial y formación profesional para el ejercicio 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario